novas

Unha ruta con 200 xinetes abre hoxe a Festa do Cabalo de Brión

LA VOZ DE GALICIA | 17/09/2011

A Festa do Cabalo de Brión, que se celebrará hoxe e mañá, estreará as súas actividades cunha ruta cabalar polos montes de Rañalonga, na que se prevé a asistencia de preto de 200 xinetes procedentes dos distintos municipios da comarca. A Asociación Festa do Cabalo de Brión, organizadora do acontecemento, móstrase esperanzada en repetir a exitosa concorrencia de público do pasado ano, cifrada en 7.000 persoas.

Con ese obxectivo habilitaron diversas áreas de aparcadoiro e sinalizaron os camiños de chegada ao escenario festivo. A pesar das distintas pistas de entrada, Manuel Fernández, un dos responsables da organización, aconsella a entrada pola saída da autovía de Brión ou pola rotonda de Os Ánxeles, posto que aí está todo sinalizado e é máis fácil chegar.

A festa comezará ás 16.00 horas coa saída dos 200 xinetes para facer a ruta cabalar seguindo as beiras do río Tambre. O percorrido durará un tres horas. A novidade o domingo será a actuación dun hipnotizador de cabalos, Chico Ramírez.

0 comentarios:

Publicar un comentario