BASES

BASES DE PARTICIPACIÓN XXXI FESTA DO CABALO 2013

1.- Tódalas persoas que queiran participar nalgunha das probas deberán inscribirse na mesa que a organización dispón a tal efecto, na hora indicada, e deberá asinar a folla de inscrición o propio xinete – concursante presentando o seu correspondente D.N.I. Ante a mesa de inscrición deberase identificarse correctamente o xinete e o cabalo participante na proba.

2.- O xurado poderá declarar desertos os premios nos concursos nos que os participantes non se axusten as condición esixidas. Tamén terá competencias para altera-la orde do programa e das probas segundo o seu criterio; e tendo en conta o número de participantes en cada una das probas poderase anular ou dividir en varias, afectando ó importe dos premios.

3.- A organización resérvase o dereito de aprazamento ou suspensión da festa ou de calquera das probas publicitadas, sempre por causas xustificadas.

4.- Os premios entregaranse unha vez rematadas todas as probas e trala deliberación do xurado, o fallo do cal será inapelable. O número de premios de cada proba non excederá do cincuenta por cento do número de participantes na mesma.

5.- O maltrato aos animais será motivo de descalificación automática.

6.- Os xinetes e demais participantes en calquera das probas, asumen a responsabilidade das lesións que poidan ocasionarse eximindo de toda responsabilidade á organización da Festa. Así mesmo a organización non se responsabiliza dos danos a terceiros causados polo manexo dos animais, sendo responsabilidade dos seus propietarios.

7.- En todas as probas será obrigatorio o uso do casco e estar provistos das equipacións individuais perceptivas e os seguros correspondentes.

8.- No recinto haberá unha ambulancia e membros do servizo de emerxencias para a atención das continxencias que puideran ocorrer e que fora preciso da súa utilización.

9.- A participación nos diferentes concursos supón a aceptación das bases que estarán expostas na mesa de inscrición o mesmo día das probas e na páxina web: festadocabalodebrion.blogspot.com.

Brión, setembro de 2012