novas

A XXIX edición da Festa do Cabalo celebrase en setembro

Os vindeirios 17 e 18 de setembro os montes de Rañalonga volveran acolle a cita equina mais importante da comarca

O terceiro fin de semana de Setembro vaise celebrar no Concello de Brión a XXIX Festa do Cabalo, unha festa que este ano vai ter dous dias de celebración.

O sábado 17 de Setembro a partir das catro da tarde celebrarase a xa tradicional ruta a cabalo polos montes de Rañalonga que como é habitual congrega a numerosos amantes dos cabalo para percorrer unha ruta singular sempre ao lado do rio Tambre. Seguidamente celebraranse tamén o concurso de saltos e a carreira de Burros. Xa para rematar o día celebrarase unha cea de confraternización para todolos participantes das distintas probas.


O domingo 18 amence cedo, as 10 de mañán vanse disputar o concurso morfolóxico, novidade deste 2011, e o concurso de arrastre. Seguidadmente as 14 hrs. haberá tempo para disfrutar dun xantar campeste xa que haberá unha pulpería privada no recindo da festa para todos os que desexen comer en Rañalonga. Xa entredos na tarde ás 17 hrs. terá lugar a embretada de xovencas e para pechar esta edición tamén contaremos cunha exhibición de doma.

1 comentarios:

Os Trotamundos Agolada dijo...

Hai contamos estar

Publicar un comentario