novas

Brión celebra mañá a Festa do Cabalo e espera reunir a máis de trescentos equinos

21/09/2012 | LA VOZ DE GALICIA

Brión celebra o domingo a Festa do Cabalo, que este ano chega á súa edición numero trinta e un. O programa arrincará ao dez da mañá cunha ruta equina polos montes da Rañalonga. Ao mediodía está planificado un concurso de arrastre, unha das probas que goza de maior reclamo debido á envergadura dos animais participantes.

Tras a preceptiva parada á hora da comida, a programación continuará a partir das 17 horas con actividades como unha carreira de burros e unha xincana con varias probas. Unha rapa dás bestas porá punto e final á festa.

As persoas que desexen pasar todo o día en Brión poderán comer no recinto da Rañalonga, xa que se vai a instalar unha pulpeira.

Como manda a tradición, o certame inclúe a entrega dun trofeo ao xinete máis novo e ao máis maior. O Concello confía en manter o nivel de participación do ano pasado, cando acudiron 300 cabalos. A cita está organizada pola Asociación Festa do Cabalo de Brión e conta co apoio da Deputación.

0 comentarios:

Publicar un comentario