novas

Saltos, doma e hipnotizador no broche da Festa do Cabalo de Brión

EL CORREO GALLEGO | 19/09/2011

Pola súa banda, a exhibición de doma natural de cabalos do mexicano 'Chico' Ramírez, co seu espectáculo de hipnosis, os concursos morfológicos e a doma, puxeron o broche onte á XXIX Festa do Cabalo que atraeu a miles de seguidores do mundo equino durante o fin de semana até os montes de Rañalonga, no municipio de Brión.

A actuación de 'Chico' Ramírez, un dos grandes mestres da comunicación cos cabalos e unha das primeiras figuras do mundo en doma ecuestre natural, prolongouse por espazo dunha hora e sorprendeu tanto a expertos como a novatos. Para a doma, este enxeñeiro agrónomo mexicano utiliza unha disciplina denominada Manexo natural do cabalo, na que combina a psicoloxía conductista e a etología (rama da bioloxía que estuda o comportamento dos animais).

0 comentarios:

Publicar un comentario